Subvencións para festas no Concello de Vigo
O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións do Servizo de Festas Especiais da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo, dentro dos límites dos créditos aprobados nos orzamentos municipais, para o desenvolvemento de programas de Festas tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas e desenvolvemento de actividades socioculturais durante o período 2025–2026 e que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación das solicitudes será o establecido na convocatoria anual nun período de 15 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, que será comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, nos termos do art. 30 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das AAPP.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/17/2026056602




Comments