Ir o contido principal
administración

Formación en contabilidade pública local na Deputación de Ourense

Obxectivos: Introducir aos participantes, a nivel teórico e práctico, nos aspectos prácticos da contabilidade pública local para que coñezan a estrutura e funcionamento do sistema contable local, explicar as cuestións específicas da contabilidade pública local que ás veces representan dificultades aos xestores contables e ao persoal que se encarga da xestión económico-financeira e contable das entidades locais, amosar os procedementos a seguir nas operacións contables diarias, especialmente de gastos e ingresos, dunha entidade local, nas operacións non orzamentarias e na contabilización dos ingresos orzamentarios, aplicar correctamente os procedementos contables asociados á execución do gasto para identificar e rexistrar as distintas fases do gasto orzamentario e abordar dun xeito práctico a contabilización adecuada dos ingresos, segundo a súa natureza e o momento de recoñecemento.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 21 de agosto de 2026.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/351911

Comments