
Cursos de lingua galega para as probas dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4
A Xunta de Galicia convoca con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Os cursos poden ser presenciais ou en liña.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de 16 anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 28 de febreiro de 2025.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2025 e en http://www.lingua.gal
Comments