Concurso de historia para a mocidade EUSTORY
Aberta a décimo novena convocatoria do concurso de historia para mozas EUSTORY, que este ano leva por tema “A miña familia na historia.
Este concurso premia a iniciativa e o rigor no traballo de investigar na historia local con fontes primarias partindo de casos e situacións próximas e accesibles
A participación no concurso está aberta a alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21 anos de España e Portugal, e de cursos equivalentes en países de América. O concurso tamén está aberto á participación de adultos como titores.
Formato libre: Traballo escrito, presentación multimedia, páxina web, blog, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado, e outros.
Os alumnos e titores de traballos gañadores poden obter un premio en metálico dos que se conceden cada ano en función das distintas categorías:
• 1 primeiro premio de 2.500 € alumnos / 1.250 € titores
• 4 segundos premios de 1.000 € alumnos / 500 € titores
• 5 terceiros premios de 500 € alumnos / 250 € titores
• 10 accésits de 200 € alumnos / 100 € titores
Data límite de recepción das obras a concurso: 16 de agosto de 2026.
Máis información: EUSTORY




Comments