Ir o contido principal

Oposición subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

O número de prazas convocadas na escala de sistemas e tecnoloxía da información, será de dezaseis (16), das que dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao ou licenciatura universitaria en enxeñaría en Telecomunicacións, Informática, Matemáticas, Estatística, Física, Intelixencia Artificial ou Ciencia do Dato, ou ben titulacións equivalentes do nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) dos mesmos ámbitos de coñecemento.

Prazo de presentación de solicitudes: do 31 de xullo ao 27 de agosto de 2026.

Máis información: DOG DE 30/07/2026
 

Comments