Ir o contido principal
O mellor mural do mundo, de novo en Fene

O mellor mural do mundo, de novo en Fene

A plataforma internacional Street Art Cities anunciou que o mural Charanguista Andino, obra do artista chileno Cristóbal Persona situada en Fene (A Coruña), foi proclamado como o mellor mural do mundo.

O mural Charanguista Andino foi creado por Cristóbal Persona durante o Perla Mural Fest no verán de 2024. A obra, que adorna a fachada dun edificio de tres alturas en Fene, representa a un músico andino tocando o charango, instrumento tradicional da rexión.Image removed.

Este logro non é o primeiro para Fene. En 2023, Fene xa obtivera o título de mellor mural do mundo con A violonchelista de Fene, obra do artista español Sfhir

Estes recoñecementos consecutivos consolidan a Fene como un punto de referencia no panorama da arte urbano internacional. O Perla Mural Fest, evento no que se xestaron ambas as obras galardoadas, demostrou ser unha plataforma esencial para a promoción da arte mural e a cultura local.

A organización do festival destacou que este triunfo é un reflexo do talento e a creatividade que converxen en Fene, convertendo á localidade nun destino imprescindible para a amantes da arte urbano.

https://streetartcities.com/markers/ee754182-4438-4057-a9b0-6e1da20e363c 

Comments