Ir o contido principal

Mondoñedo convoca unha praza de psicóloga/o-directora para o Centro de Información ás Mulleres

O Concello de Mondoñedo convoca un proceso selectivo para a contratación temporal dunha/dun psicóloga/o-directora para cubrir unha baixa por incapacidade temporal no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de xestión compartida polos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Meira. A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de emprego cunha vixencia de tres anos.

Características do posto

  • Posto: Psicóloga/o-directora
  • Número de prazas: 1
  • Modalidade: persoal laboral temporal
  • Xornada: completa
  • Duración: ata a reincorporación expresa da titular da praza
  • Retribución: 1.316,99 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional da paga extraordinaria, máis un plus bruto mensual de 312,68 euros
  • Titulación: Licenciatura ou Grao en Psicoloxía.

Requisitos

Entre os requisitos establecidos nas bases figuran:

  • Ter 16 anos cumpridos.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas.
  • Estar en posesión da Licenciatura ou Grao en Psicoloxía.
  • Acreditar formación e experiencia en materia de igualdade de oportunidades por razón de xénero. A formación deberá incluír polo menos 200 horas de actividades formativas relacionadas coa igualdade de oportunidades.
  • Dispor do CELGA 4 ou equivalente, ou superar a correspondente proba de galego.
  • Dispor do permiso de conducir B e de vehículo ou dun medio de transporte para os desprazamentos necesarios.
  • Carecer de antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Proceso selectivo

O sistema de selección será o de concurso-oposición, cunha puntuación máxima de 20 puntos:

  • Fase de concurso: ata 8 puntos, pola valoración da experiencia profesional e das accións formativas.
  • Fase de oposición: ata 12 puntos.
  • A oposición consistirá nun cuestionario tipo test de 40 preguntas e 4 de reserva, cunha duración de 80 minutos.
  • Será necesario obter un mínimo de 6 puntos no exercicio.
  • As persoas que non acrediten o CELGA 4 deberán realizar ademais unha proba de galego.

Bolsa de emprego

As persoas aspirantes admitidas formarán unha bolsa de emprego por orde de puntuación, destinada a cubrir posibles vacantes, baixas, substitucións ou outras necesidades temporais do servizo.

A bolsa terá unha vixencia de tres anos desde o día seguinte á publicación da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Prazo e presentación de solicitudes

Comments