Ir o contido principal
deportes

Subvencións para deporte federado no Concello de Boiro

O obxecto da convocatoria é o de axudar aos clubs polo custe directamente asociado á súa condición de entidade deportiva federada e á participación oficial federada, incluíndo: licencias federativas; mutualidades ou seguros deportivos obrigatorios vinculados ás licencias; cotas federativas obrigatorias; inscricións en competicións oficiais, cando sexan esixidas pola Federación correspondente; dereitos, taxas ou gastos de arbitraxe nas competicións oficiais.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación no BOP da Coruña da presente convocatoria.-As solicitudes deberanse achegar no modelo normalizado que se incorpora á presente convocatoria, no que consta igualmente o modelo de memoria mediante a que se acreditarán os aspectos que se valorarán e na que se sinala a documentación que se deberá presentar para a súa acreditación.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/30/2026_0000006264.html

Comments