Ir o contido principal
deportes

Subvencións para o fomento das actividades deportivas por parte de asociacións deportivas no Concello de Malpica de Bergantiños

As axudas que se concedan consonte estas bases estarán destinadas a: colaboración nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados polos suxeitos mencionados no artigo 2 das presentes bases, gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores da entidade, que non teñan o carácter de investimento, a entidade que recibise unha axuda do Concello de Malpica fará constar en lugar visible e destacado da publicidade da actividade a colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños coa lenda: “subvencionado polo Concello de Malpica de Bergantiños” acompañada do seu escudo. O tamaño do escudo e lenda deberá ser, cando menos, de igual tamaño que os restantes que aparezan no mesmo soporte gráfico e a publicidade e materiais gráficos elaborados con motivo das actividades que reciban axudas do Concello de Malpica de Bergantiños utilizarán o idioma galego.

As solicitudes deberán formularse a través do Rexistro Telemático (http://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html), no prazo de 20 días naturais que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que figuran como ANEXO destas bases.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/09/2026_0000006449.html

Comments