Subvencións para o fomento de deporte individual no Concello de Malpica de Bergantiños
O obxecto desta convocatoria vén desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local, definidas no ámbito do artigo 25.2. apartado l) da Lei 7/1985 Reguladora das bases de Réxime local, e así mesmo, esta actuación atopase recollida no ámbito das competencias definidas para os municipios no artigo 8 apartados 2 e 9, da Lei 3/2012 do 2 de abril del depoñerte de Galicia.
As bases específicas reguladoras da concesión destas subvencións están recollidas na resolución aprobada en data 23/09/2026 e publicada no Boletín oficial da provincia da Coruña nº 186 con data do 29/09/2026.
As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Telemático (http://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html), no prazo de 20 días naturais que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que figuran como ANEXO destas bases.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/09/2026_0000006450.html




Comments