Ir o contido principal
Xuventude na onda

Xuventude na Onda chega a Santiago cunha nova xornada de música, tecnoloxía e experiencias para a mocidade

O 12 de novembro xuntámonos para compartir experiencias, intercambiar ideas e falar do futuro laboral, da intelixencia artificial e da creación de contidos.
 
O programa combina conversas e mesas redondas con música, humor e actividades: desde 9Louro ata un circuíto de drons, xogo con Lego ou Galaxy VR Arena. Unha xornada para aprender, coñecer xente e participar.
 
📅 12 de novembro
📍 Museo Centro Gaiás · Cidade da Cultura · Santiago de Compostela
 
 
Haberá transporte gratuíto para as persoas participantes que o soliciten no momento da inscrición.
 
Xuventude na onda - Programa

 

 
Agardámoste!
 

Comments