Ir o contido principal
Economía social

Emprender a través da economía social

A Rede Eusumo organiza a xornada "Emprender a través da economía social", coa que se pretende amosar as vantaxes e particularidades da economía social e o cooperativismo para valoralas como fórmulas de emprendemento. Perséguese:

  -Achegar a economía social ás persoas
  -Dar a coñecer as características e particularidades
  -Mostrar os recursos e ferramentas

A xornada está dirixida ao público en xeral que busque coñecer a economía social e as fórmulas xurídicas que a compoñen.


📅17 de decembro

⌚10:30 a 12:00 h

📍Ponte Ribadil 3-5 Ribeira, 36493 Crecente


As inscricións estarán abertas ata o 16 de decembro de 2026 e faranse a través da seguinte ligazón

Máis información en Rede Eusumo

Comments