
Curso en Vigo de monitor/a de tempo libre da ETL Surf Vigo
A Escola de tempo libre Surf Vigo organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre.
Este programa intensivo está deseñado para capacitarte e permitirche inspirar a outros nas súas aventuras ao aire libre.
Inclúe pádel surf, surfskate e temas ambientais relacionados co mar. Aprenderás as mellores prácticas para gozar e ensinar estas actividades mentres contribúes á conservación da nosa contorna natural.
Ademais, terás a oportunidade de realizar 150 horas de prácticas na nosa propia escola de Vigo. Esta experiencia axudarache a aplicar os teus coñecementos e darache unha vantaxe na procura de emprego no sector do tempo libre.
Datas: Intensivo do 12 Abril ao 20 abril +26 abril)
Xornada especial: O 26 de abril, Paddle surf, surfskate e contidos medioambientais.
Parte online: 100 horas en liña do 21 de abril o 30 de maio de 2025
Remata o 30 de Maio
Duración total 200h (100h en liña)+(100h presenciais) + (150h practicas)
Contidos específicos (surf skate + pádel surf+ contidos ambientais)
Lugar: R/ Nicaragua 49, baixo. 36204 Vigo. Pontevedra
Prezo: 270 €
Inscricións: https://surfvigo.com/curso-monitor-de-tiempo-libre-vigo/
Máis información contacto@surfvigo.com e no teléfono 698 182 287
Comments