Ir o contido principal
emprendedores

Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2025

O Instituto da Mocidade, Injuve, convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores para o ano 2025

Poden presentarse mozos e mozas de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, que non superen a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.

Finalidade:
Apoiar á mocidade que lidera proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.

A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeiros seleccionados é de 20.000 €
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril de 2025

Máis información no BOE do 13 de marzo de 2025 e en https://www.injuve.es/

Comments