
Bolsas Ourense rural-Máster para estudantado do campus de Ourense
A Universidade de Vigo convoca as bolsas de desprazamento Ourense Rural-Máster destinadas a atender o custo económico que supón a realización de estudos de máster universitario para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais e que esté matriculado/a en titulacións de máster universitario en centros propios do campus de Ourense.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de marzo de 2025.
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1541
Comments