
"Medio ambiente e Eu". Concurso de fotografía
A Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA) convídavos a compartir a vosa conexión co medio ambiente e a demostrar o voso talento fotográfico na edición 2025 do seu concurso anual de fotografía "Environment&Me".
Requisitos:
- O concurso está aberto aos cidadáns dos 27 Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza e Turquía; en virtude dos acordos de estabilización e asociación: Macedonia do Norte, Albania, Kósovo , Montenegro, Serbia e Bosnia e Hercegovina.
- As fotografías deben ser tomadas nos países mencionados anteriormente.
- Todos os participantes deben ter 18 anos ou máis.
- Debe ter todos os dereitos de autor do material enviado.
Establécense tres categorías:
- Azul: A auga e eu.
- Verde: Natureza e eu.
- Laranxa: A vida cotiá e eu.
Premios:
- Premio Mellor foto en cada categoría: 1.000 euros.
- Premio do público: 500 euros.
- Premio Novo (entre 18 e 24 anos): 500 euros.
Prazo para participar: 29 de maio de 2025.
Máis información na Axencia Europea do Medio Ambiente.
Comments