Ir o contido principal
concurso

#HoxeEscriboEn_Mocidade

A Deputación da Coruña convoca o concurso #HoxeEscriboEn_Mocidade

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, o impulso do uso do idioma propio entre a mocidade, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña (axudando a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo).

Poderá participar o alumnado matriculado no curso 2024–2025 na ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior en centros educativos situados na provincia da Coruña.

A participación será individual e cada persoa poderá presentar un único microrrelato.

Formato
- Os microrrelatos presentados ambientaranse ou referiranse a un concello da provincia da Coruña, non sendo necesario que o autor ou autora teña vínculo directo con el.
- Os microrrelatos poderán estar relacionados coa historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoeiros destacados, valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.
- Deberán estar escritos en galego, ser inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso.
- O texto terá unha extensión máxima de 500 palabras.

Prazo de presentación ata o 28 de abril.

Categorías:
- Categoría A: Alumnado de primeiro e segundo da ESO
- Categoría B: Alumnado de terceiro e cuarto da ESO
- Categoría C: Alumnado de Bacharelato
- Categoría D: Alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior

Outorgaranse dous premios por categoría e un premio final.

Os premios por categoría serán:
- Catro bonos culturais: un por cada persoa gañadora en cada unha das categorías, por valor de 100€ cada un deles.
- Catro saídas culturais: unha saída cultural dirixida ao conxunto da aula de cada unha das persoas gañadoras consistente nunha saída dunha xornada con comida e transporte polo patrimonio da Deputación da Coruña que se determinará co centro educativo.

Entre as 4 categorías escollerase o microrrelato gañador do premio final do concurso. O premio consistirá na adaptación do relato para a realización dunha curtametraxe na que poderá participar o conxunto do alumnado do centro, cun especial papel para a persoa autora do relato.

https://www.dacoruna.gal/index.php?cID=17007
 

Comments