Ir o contido principal
positivo

Palabras de amor: #140enpositivo

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca a XIII edición do concurso "Palabras de amor: #140enpositivo"

O concurso ten como finalidade espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia.
Buscanse mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades.

Participantes
Poderán participar todas as persoas a partir de 14 anos, escollendo a categoría na que participa.

Formato
A máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes teñen que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio a diferentes causas: unha mensaxe en positivo.
As mensaxes terán unha extensión de 280 caracteres, os espazos contan.
Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.
As mensaxes poden estar escritas en galego ou castelán.
Cada participante poderá entregar ou enviar como máximo 3 mensaxes ou composicións.
As mensaxes deben ser inéditas ou non serán candidatables para os premios.

Os traballos deben presentarse a través da páxina web da biblioteca www.dacoruna.gal/biblioteca, no formulario habilitado no apartado de Actividades > Concursos

O prazo no que se pode participar no concurso é ata o 2 de maio de 2025

Premios
Os premios repártense en dúas categorías:
- Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados/as.
- Categoría 2: Entre 14 e 17 anos: no que seleccionarán tres premiados/as.

1. Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados/as.
· Un libro electrónico para o primeiro premio.
· Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
· Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
2. Categoría 2: Entre 14 e 17 anos: no que seleccionarán tres premiados/as.
· Un libro electrónico para o primeiro premio.
· Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
· Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio..

Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca provincial para todos os participantes.

https://www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades/concur/concurso-140enpositivo

Comments