
Certame Literario de Piñor de narracións breves
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Barbadás, convoca o XXVIII Certame Literario de Piñor de narracións breves.
Haberá tres categorías:
- Categoría A: máis de 18 anos
- Categoría B: de 13 a 17 anos
- Categoría C: menores de 13.
Premiaranse dous relatos en cada categoría:
- Categoría A: 500 e 320 €
- Categoría B: 200 e 100 €
- Categoría C: 100 e 75 €
Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames.
A súa extensión non excederá os 10 folios por unha soa cara (categoría A); 7 (categoría B), e 3 (categoría C).
Deben presentarse mecanografados, con tipo de letra Times New Roman.
As narracións enviaranse por correo ordinario a algún dos seguintes enderezos:
- Asociación Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. 32930. San Lourenzo de Piñor (Barbadás).
- Casa Municipal da Cultura Manuel María. R/San Bernabé, 37. 32002. A Valenzá (Barbadás).
Cada concursante meterá o seu relato dentro dun sobre, no que escribirá:
Para o XXVIII Certame Literario de Piñor. Xunto con el, deberá enviar os seus datos nun sobre pechado no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que participa. Dentro del, figurará o seu nome e apelidos, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono.
Os relatos tamén poderán ser enviados por correo electrónico a justocalvio@yahoo.es ou a casacultura@barbadas.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso, o lema ou pseudónimo e a categoría na que participa; e o segundo, denominado “plica”, o lema ou pseudónimo e os datos persoais que se esixen no parágrafo anterior.
O prazo de admisión de relatos estará aberto ata o venres 24 de maio de 2024, ás 14:00 h.
Para máis información:
justocalvio@yahoo.es
casacultura@barbadas.es
Comments