
Premio Manuel Colmeiro
A Escola galega de administración pública, EGAP, convoca o XXVIII Premio Manuel Colmeiro para traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público de Galicia
Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade.
Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma, presentaranse en formato A4, da fonte Times New Roman, tamaño 12 e mecanografados a dobre espazo, e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.
Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
A dotación económica do premio é de 3.500 €
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario PR771A
O prazo estará aberto ata o 1 de octubre de 2025.
Máis información no DOG do 9 de abril de 2025 e en https://egap.xunta.gal/
Comments