
Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos
O Ministerio de Educación convoca o concurso escolar nacional «Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos»
O obxectivo deste concurso é recoñecer e premiar os traballos do alumnado que contribúan, desde os ámbitos da educación, á valoración da democracia como forma de organización social e política e ao coñecemento e fortalecemento dos dereitos e liberdades sobre os que se articula a convivencia en España.
Modalidades:
- Modalidade A. ESO, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Básico e Educación Especial.
- Modalidade B. Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior, Ensinos de Réxime Especial e Educación de persoas adultas.
Formatos:
a) Creación literaria: relato, conto ou poesía.
b) Ensaio e investigación.
c) Creación plástica.
d) Videoxogo.
e) Creación audiovisual.
Haberá un primeiro premio e un segundo premio para cada modalidade e formato.
1º premio: diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.500 euros para participación individual do alumnado ou 5.000 euros para participación en grupo de alumnos.
2º premio: de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.000 euros ou para participación individual do alumnado 2.500 euros para participación en grupo de alumnos.
O prazo para a presentación de traballos estará aberto ata o 31 de maio de 2025
Más información no BOE do 11 de abril de 2025
Comments