
Aplicación para a busca de emprego na provincia de Lugo
A Deputación de Lugo presentou a aplicación móbil gratuíta DeputaciónLugo Emprego, e fíxoo co obxectivo de “facilitar o contacto entre persoas que buscan traballo e empresas que precisan incorporar persoal na provincia”. A ferramenta, que está xa dispoñíbel para iOS e para móbiles con sistema Android, supón en palabras da institución provincial “un avance na modernización dos servizos públicos de intermedación laboral que a institución provincial ofrece a través da súa Axencia de Colocación”.
Aplicación: https://deputacionlugo.portalemp.com/portalemp-app.html
Comments