Programa de Becas IBM-Fundae — Certificado en Ciberseguridade
Que ofrece este programa?
Unha formación 100 % online e gratuíta, promovida por IBM en colaboración con Fundae, que te capacita para responder aos retos actuais no ámbito da ciberseguridade.
Destinatarios
Aberto ao público en xeral, con prioridade para persoas desempregadas a maiores de 18 anos e residentes en España.
Calendario da formación
-
Comezo: 22 de setembro de 2025
-
Fin: 12 de decembro de 2025
-
Prazo de inscrición: ata o 15 de setembro de 2025
Formato e contidos
A formación inclúe clases online en directo, que se gravan para que poidas revisalas cando queiras. O programa consiste en 6 cursos, cada un con proxecto final, e cada módulo otorga unha insignia dixital avalada por Credly. Para obter o Certificado de Ciberseguridade de IBM SkillsBuild, deberás superar un exame e presentar un proxecto final: desenvolverás unha avaliación da postura de seguridade dunha empresa tras un ataque malware.
Programa dos cursos:
-
Gobernanza, risco, cumprimento e privacidade de datos
-
Xestión de vulnerabilidades
-
Seguridade de sistemas e redes
-
Seguridade na nube
-
Operacións e xestión da seguridade
-
Resposta a incidentes e informática forense
+ Exame e proxecto final
Por que inscribirse?
-
Formación especializada en materia clave na sociedade dixital.
-
Gratuíta e con certificación formal que che dará un gran valor no mercado laboral.
-
Flexibilidade para seguir as sesións en directo ou en diferido.
-
Unha oportunidade ideal para desempregados e desempregadas que queiran fortalecer o seu perfil.
Como inscribirse?
Accede á web de ExperienciaFundae, localiza o programa de Certificado en Ciberseguridade e formaliza a túa solicitude antes do 15 de setembro de 2025.




Comments