Ir o contido principal
ciberseguridade

Programa de Becas IBM-Fundae — Certificado en Ciberseguridade

Que ofrece este programa?

Unha formación 100 % online e gratuíta, promovida por IBM en colaboración con Fundae, que te capacita para responder aos retos actuais no ámbito da ciberseguridade. 

Destinatarios

Aberto ao público en xeral, con prioridade para persoas desempregadas a maiores de 18 anos e residentes en España.

Calendario da formación

  • Comezo: 22 de setembro de 2025

  • Fin: 12 de decembro de 2025

  • Prazo de inscrición: ata o 15 de setembro de 2025
     

Formato e contidos

A formación inclúe clases online en directo, que se gravan para que poidas revisalas cando queiras. O programa consiste en 6 cursos, cada un con proxecto final, e cada módulo otorga unha insignia dixital avalada por Credly. Para obter o Certificado de Ciberseguridade de IBM SkillsBuild, deberás superar un exame e presentar un proxecto final: desenvolverás unha avaliación da postura de seguridade dunha empresa tras un ataque malware.

Programa dos cursos:

  1. Gobernanza, risco, cumprimento e privacidade de datos

  2. Xestión de vulnerabilidades

  3. Seguridade de sistemas e redes

  4. Seguridade na nube

  5. Operacións e xestión da seguridade

  6. Resposta a incidentes e informática forense
    + Exame e proxecto final

Por que inscribirse?

  • Formación especializada en materia clave na sociedade dixital.

  • Gratuíta e con certificación formal que che dará un gran valor no mercado laboral.

  • Flexibilidade para seguir as sesións en directo ou en diferido.

  • Unha oportunidade ideal para desempregados e desempregadas que queiran fortalecer o seu perfil.

Como inscribirse?

Accede á web de ExperienciaFundae, localiza o programa de Certificado en Ciberseguridade e formaliza a túa solicitude antes do 15 de setembro de 2025.

Comments