Axudas do Concello das Somozas para material escolar e desprazamentos no curso 2025/2026
O Concello das Somozas abre a convocatoria de axudas ás familias para material escolar en Educación Infantil, Primaria, ESO, FP Básica e Bacharelato, así como para gastos de desprazamento de estudantes de ciclos medios, superiores e universitarios.
O programa conta cun orzamento de 12.000 euros e pretende apoiar ás familias nos gastos de escolarización e garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación.
As contías varían segundo os estudos e a renda familiar:
-
Infantil, Primaria, ESO e FP Básica: entre 100 e 200 €.
-
Bacharelato: entre 125 e 250 €.
-
Ciclos medios/superiores: 300 €.
-
Universitarios: 500 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2025, no Rexistro Xeral ou na Sede Electrónica do Concello.




Comments