II Concurso de Fotografía “Ortigueira nunha foto”
O Concello de Ortigueira convoca a segunda edición do concurso de fotografía “Ortigueira nunha foto”, co obxectivo de poñer en valor a riqueza paisaxística, cultural e patrimonial do municipio.
Quen pode participar?
-
Fotógrafos/as profesionais e afeccionados/as maiores de idade.
-
A participación é libre e gratuíta.
Temática 2025
As imaxes deben reflectir o atractivo turístico e o patrimonio cultural de Ortigueira, indicando o lugar onde foron tomadas.
Requisitos
-
Obras orixinais e inéditas (máx. 3 por participante).
-
Formato papel: tamaño entre 30x40 cm e 40x50 cm, sen montaxe nin soporte.
-
Tamén deberán enviarse en formato dixital (.jpg, mín. 2MB e 300 ppp) a: turismo@concellodeortigueira.com
Non se admiten fotomontaxes, colaxes, fotografías con IA nin imaxes tomadas con dron.
Prazo
-
Entrega presencial ou por correo postal no Concello de Ortigueira.
-
Data límite: 3 de outubro de 2025 ás 14:30 h.
Premios
-
1º premio: 300 €
-
2º premio: 200 €
-
3º premio: 100 €
A entrega de premios terá lugar o 24 de outubro de 2025 no Concello de Ortigueira, coincidindo coa inauguración da exposición das obras seleccionadas.
Máis información
turismo@concellodeortigueira.com
Concello de Ortigueira – Praza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)
Bases completas dispoñibles en: Sede electrónica do Concello de Ortigueira




Comments