Ir o contido principal
foto ortigueira

II Concurso de Fotografía “Ortigueira nunha foto”

O Concello de Ortigueira convoca a segunda edición do concurso de fotografía “Ortigueira nunha foto”, co obxectivo de poñer en valor a riqueza paisaxística, cultural e patrimonial do municipio.

Quen pode participar?

  • Fotógrafos/as profesionais e afeccionados/as maiores de idade.

  • A participación é libre e gratuíta.

Temática 2025

As imaxes deben reflectir o atractivo turístico e o patrimonio cultural de Ortigueira, indicando o lugar onde foron tomadas.

Requisitos

  • Obras orixinais e inéditas (máx. 3 por participante).

  • Formato papel: tamaño entre 30x40 cm e 40x50 cm, sen montaxe nin soporte.

  • Tamén deberán enviarse en formato dixital (.jpg, mín. 2MB e 300 ppp) a: turismo@concellodeortigueira.com

Non se admiten fotomontaxes, colaxes, fotografías con IA nin imaxes tomadas con dron.

Prazo

  • Entrega presencial ou por correo postal no Concello de Ortigueira.

  • Data límite: 3 de outubro de 2025 ás 14:30 h.

Premios

  • 1º premio: 300 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

A entrega de premios terá lugar o 24 de outubro de 2025 no Concello de Ortigueira, coincidindo coa inauguración da exposición das obras seleccionadas.

Máis información

turismo@concellodeortigueira.com
Concello de Ortigueira – Praza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña)
Bases completas dispoñibles en: Sede electrónica do Concello de Ortigueira

BOP Coruña

Comments