Técnico/a de Medio Ambiente en Celanova
O Concello de Celanova abre o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha técnico/a de medio ambiente, ao abeiro da Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 23 de xaneiro de 2025. A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición e está vinculada ao Fondo de Compensación Ambiental 2025.
Requisitos e presentación de solicitudes
-
As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello de Celanova de 9:00 a 13:00 horas.
-
Tamén é posible facelo de forma electrónica a través do procedemento previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 (procedemento administrativo común das administracións públicas).
-
O prazo de presentación é de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Bases da convocatoria
As bases completas pódense consultar en:
-
Taboleiro de anuncios do Concello de Celanova
-
Sede electrónica do Concello: http://celanova.sedelectronica.es/info.0
Para máis información, contactar co Concello de Celanova.




Comments