Ir o contido principal

Técnico/a de Medio Ambiente en Celanova

O Concello de Celanova abre o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha técnico/a de medio ambiente, ao abeiro da Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 23 de xaneiro de 2025. A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición e está vinculada ao Fondo de Compensación Ambiental 2025.

Requisitos e presentación de solicitudes

  • As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello de Celanova de 9:00 a 13:00 horas.

  • Tamén é posible facelo de forma electrónica a través do procedemento previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 (procedemento administrativo común das administracións públicas).

  • O prazo de presentación é de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Bases da convocatoria

As bases completas pódense consultar en:

Para máis información, contactar co Concello de Celanova.

Comments