Convocatoria de selección: Logopeda para o Servizo de Atención Temperá
O Concello de Mondoñedo abre proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha Logopeda, así como a creación dunha nova bolsa de emprego para este posto, destinada ao mantemento do Servizo de Atención Temperá de xestión compartida nos concellos de Abadín, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, A Pastoriza, Pol, Riotorto e Trabada.
Características do posto
-
Modalidade: contratación laboral temporal.
-
Duración inicial: 6 meses a xornada completa (luns a venres).
-
Salario bruto mensual: 1.729,36 € (incluídas pagas extraordinarias).
-
Desprazamentos: con vehículo propio (con compensación por quilometraxe).
-
Sistema selectivo: concurso–oposición.
Requisitos principais
-
Titulación en Diplomatura ou Grao en Logopedia.
-
Celga 4 ou equivalente (ou superar proba de galego).
-
Formación ou experiencia en desenvolvemento infantil e atención temperá.
-
Permiso de conducir B e vehículo dispoñible.
-
Resto de requisitos recollidos nas bases reguladoras.
Prazo de solicitude
As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP Lugo (n.º 196, mércores 27 de agosto de 2025).
Presentación de instancias
-
De xeito presencial: Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo.
-
De xeito telemático: Sede electrónica do Concello de Mondoñedo.
-
Tamén se poderá presentar por outras vías previstas na Lei 39/2015.
Máis información
As bases completas da convocatoria poden consultarse no:
-
Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 196, 27/08/2025)




Comments