Ir o contido principal

Convocatoria de selección: Logopeda para o Servizo de Atención Temperá

O Concello de Mondoñedo abre proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha Logopeda, así como a creación dunha nova bolsa de emprego para este posto, destinada ao mantemento do Servizo de Atención Temperá de xestión compartida nos concellos de Abadín, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, A Pastoriza, Pol, Riotorto e Trabada.

Características do posto

  • Modalidade: contratación laboral temporal.

  • Duración inicial: 6 meses a xornada completa (luns a venres).

  • Salario bruto mensual: 1.729,36 € (incluídas pagas extraordinarias).

  • Desprazamentos: con vehículo propio (con compensación por quilometraxe).

  • Sistema selectivo: concurso–oposición.

Requisitos principais

  • Titulación en Diplomatura ou Grao en Logopedia.

  • Celga 4 ou equivalente (ou superar proba de galego).

  • Formación ou experiencia en desenvolvemento infantil e atención temperá.

  • Permiso de conducir B e vehículo dispoñible.

  • Resto de requisitos recollidos nas bases reguladoras.

Prazo de solicitude

As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP Lugo (n.º 196, mércores 27 de agosto de 2025).

Presentación de instancias

Máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse no:

Comments