Convocatoria dunha bolsa de emprego para auxiliares administrativos/as no Concello da Laracha
O Concello da Laracha abre o prazo para participar no proceso selectivo destinado á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos/as, co obxectivo de cubrir, con carácter temporal, as necesidades de persoal en casos de vacantes, baixas, acumulación de tarefas ou programas específicos no departamento de servizos económicos.
Características da convocatoria
-
Posto: Auxiliar administrativo/a
-
Grupo: C2
-
Titulación requirida: Graduado en ESO ou equivalente
-
Nivel de galego: CELGA 3 ou equivalente
-
Xornada: Completa (100%)
-
Sistema selectivo: Concurso-oposición
-
Prazo de presentación: 5 días hábiles desde o seguinte á publicación no BOP (29/08/2025)
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán ter nacionalidade española ou dalgún estado da UE, ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación, posuír a titulación mínima requirida, así como reunir a capacidade funcional e física para o posto. Ademais, deberán acreditar coñecemento da lingua galega (CELGA 3).
Presentación de solicitudes
As instancias deberán presentarse na sede electrónica do Concello da Laracha (https://sede.alaracha.gal) ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Xunto coa solicitude, deberá achegarse a documentación requirida e o xustificante do pagamento da taxa de exame (11 €), agás nos casos de exención.
Máis información
As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 29 de agosto de 2025 e na sede electrónica municipal.




Comments