Ir o contido principal

Convocatoria dunha bolsa de emprego para auxiliares administrativos/as no Concello da Laracha

O Concello da Laracha abre o prazo para participar no proceso selectivo destinado á creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos/as, co obxectivo de cubrir, con carácter temporal, as necesidades de persoal en casos de vacantes, baixas, acumulación de tarefas ou programas específicos no departamento de servizos económicos.

Características da convocatoria

  • Posto: Auxiliar administrativo/a

  • Grupo: C2

  • Titulación requirida: Graduado en ESO ou equivalente

  • Nivel de galego: CELGA 3 ou equivalente

  • Xornada: Completa (100%)

  • Sistema selectivo: Concurso-oposición

  • Prazo de presentación: 5 días hábiles desde o seguinte á publicación no BOP (29/08/2025)

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán ter nacionalidade española ou dalgún estado da UE, ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación, posuír a titulación mínima requirida, así como reunir a capacidade funcional e física para o posto. Ademais, deberán acreditar coñecemento da lingua galega (CELGA 3).

Presentación de solicitudes

As instancias deberán presentarse na sede electrónica do Concello da Laracha (https://sede.alaracha.gal) ou nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Xunto coa solicitude, deberá achegarse a documentación requirida e o xustificante do pagamento da taxa de exame (11 €), agás nos casos de exención.

Máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 29 de agosto de 2025 e na sede electrónica municipal.

Comments