Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Frades: Operario/a de Servizos Múltiples
O Concello de Frades convoca un proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a contratación dun posto de Operario/a de Servizos Múltiples como funcionario/a interino/a por programas a xornada completa.
A contratación enmárcase no Programa de Mantemento Municipal e Xestión do Medio Ambiente, xunto coa prevención de incendios 2025-2028, cunha duración anual de 12 meses en cada exercicio, condicionada á existencia de crédito orzamentario.
Funcións principais
O posto estará adscrito á unidade de obras e servizos municipais, coas seguintes funcións:
-
Desbroce e entubado de cunetas.
-
Reparación de pavimentos, muros, baldosas, arquetas e espazos públicos.
-
Mantemento en centros educativos e edificios municipais.
-
Conservación medioambiental: rozas, podas, cortes de herba, recollida de residuos e xestión de biomasa.
Requisitos
-
Ter nacionalidade española ou ser cidadán/cidadá da UE.
-
Idade mínima: 16 anos.
-
Non ter sido separado/a da Administración por expediente disciplinario.
-
Non se require titulación académica.
-
Dispor do permiso de conducir tipo B ou superior.
Proceso selectivo
O sistema de selección será concurso-oposición, con estas fases:
-
Oposición: proba práctica e proba de galego (para quen non presente Celga 1).
-
Concurso: valoración de experiencia e formación (ata 20 puntos).
Prazos e presentación
As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial dispoñible no Concello de Frades, no Rexistro Xeral ou na sede electrónica, nun prazo de 10 días naturais desde o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
📌 Número de anuncio: 2025/5917
📌 Expediente: TEDEC: 2025/E001/000003




Comments