Ir o contido principal

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Frades: Operario/a de Servizos Múltiples

O Concello de Frades convoca un proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a contratación dun posto de Operario/a de Servizos Múltiples como funcionario/a interino/a por programas a xornada completa.

A contratación enmárcase no Programa de Mantemento Municipal e Xestión do Medio Ambiente, xunto coa prevención de incendios 2025-2028, cunha duración anual de 12 meses en cada exercicio, condicionada á existencia de crédito orzamentario.

Funcións principais

O posto estará adscrito á unidade de obras e servizos municipais, coas seguintes funcións:

  • Desbroce e entubado de cunetas.

  • Reparación de pavimentos, muros, baldosas, arquetas e espazos públicos.

  • Mantemento en centros educativos e edificios municipais.

  • Conservación medioambiental: rozas, podas, cortes de herba, recollida de residuos e xestión de biomasa.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadán/cidadá da UE.

  • Idade mínima: 16 anos.

  • Non ter sido separado/a da Administración por expediente disciplinario.

  • Non se require titulación académica.

  • Dispor do permiso de conducir tipo B ou superior.

Proceso selectivo

O sistema de selección será concurso-oposición, con estas fases:

  • Oposición: proba práctica e proba de galego (para quen non presente Celga 1).

  • Concurso: valoración de experiencia e formación (ata 20 puntos).

Prazos e presentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial dispoñible no Concello de Frades, no Rexistro Xeral ou na sede electrónica, nun prazo de 10 días naturais desde o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

📌 Número de anuncio: 2025/5917
📌 Expediente: TEDEC: 2025/E001/000003

Comments