Skip to main content

Convocatoria para a contratación de dúas prazas de Policía Portuario na Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra convoca o proceso selectivo para a contratación de dúas prazas de Policía Portuario como persoal laboral fixo, suxeito ao III Convenio colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.

  • Posto de traballo: Policía Portuario (Grupo III, Banda 2, Nivel 3).

  • Número de prazas: 2 efectivos.

  • Tipo de contrato: Fixo (1 contrato de relevo e 1 contrato ordinario), de acordo co previsto nas bases reguladoras.

  • Requisitos: Os recollidos na base IV das bases reguladoras do proceso.

  • Sistema de selección: Concurso-oposición.

  • Bases da convocatoria: Publicadas no taboleiro de anuncios e na web da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (www.apmarin.com) e no Punto de Acceso Xeral da Administración (www.administracion.gob.es).

  • Prazo de solicitudes: Vinte días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

Comments