Convocatoria para a contratación de dúas prazas de Policía Portuario na Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra convoca o proceso selectivo para a contratación de dúas prazas de Policía Portuario como persoal laboral fixo, suxeito ao III Convenio colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.
-
Posto de traballo: Policía Portuario (Grupo III, Banda 2, Nivel 3).
-
Número de prazas: 2 efectivos.
-
Tipo de contrato: Fixo (1 contrato de relevo e 1 contrato ordinario), de acordo co previsto nas bases reguladoras.
-
Requisitos: Os recollidos na base IV das bases reguladoras do proceso.
-
Sistema de selección: Concurso-oposición.
-
Bases da convocatoria: Publicadas no taboleiro de anuncios e na web da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (www.apmarin.com) e no Punto de Acceso Xeral da Administración (www.administracion.gob.es).
-
Prazo de solicitudes: Vinte días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.




Comments