Skip to main content
asociacion

Mondariz abre o prazo para solicitar subvencións a asociacións municipais para actividades de interese xeral no ano 2025

O Concello de Mondariz publica a convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións do termo municipal que realicen actividades de interese xeral ao longo do ano 2025.

Segundo a resolución da alcaldía de 18 de setembro de 2025, o obxectivo destas axudas é apoiar proxectos que contribúan á participación comunitaria, favorezan a igualdade e fomenten iniciativas culturais, deportivas, sociais, ambientais, xuvenís e de tempo de lecer.

As entidades interesadas poderán presentar un único proxecto, que deberá desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2025, en ámbitos como:

  • Igualdade e integración social.

  • Terceira idade e envellecemento activo.

  • Xuventude e infancia.

  • Saúde e deporte.

  • Ocio, tempo libre e celebracións tradicionais.

  • Cultura e medio ambiente.

A convocatoria conta cun orzamento total de 10.600 euros, distribuídos en dúas liñas:

  • Liña 1: Equipamentos (2.000 €).

  • Liña 2: Actividades (8.600 €).

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Mondariz, acompañadas da documentación requirida nas bases. O prazo estará aberto ata o 30 de outubro de 2025. BOP Pontevedra

O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 857496) e na sede electrónica do Concello de Mondariz.

Comments