Mondariz abre o prazo para solicitar subvencións a asociacións municipais para actividades de interese xeral no ano 2025
O Concello de Mondariz publica a convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións do termo municipal que realicen actividades de interese xeral ao longo do ano 2025.
Segundo a resolución da alcaldía de 18 de setembro de 2025, o obxectivo destas axudas é apoiar proxectos que contribúan á participación comunitaria, favorezan a igualdade e fomenten iniciativas culturais, deportivas, sociais, ambientais, xuvenís e de tempo de lecer.
As entidades interesadas poderán presentar un único proxecto, que deberá desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2025, en ámbitos como:
-
Igualdade e integración social.
-
Terceira idade e envellecemento activo.
-
Xuventude e infancia.
-
Saúde e deporte.
-
Ocio, tempo libre e celebracións tradicionais.
-
Cultura e medio ambiente.
A convocatoria conta cun orzamento total de 10.600 euros, distribuídos en dúas liñas:
-
Liña 1: Equipamentos (2.000 €).
-
Liña 2: Actividades (8.600 €).
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Mondariz, acompañadas da documentación requirida nas bases. O prazo estará aberto ata o 30 de outubro de 2025. BOP Pontevedra
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 857496) e na sede electrónica do Concello de Mondariz.




Comments