Convocatoria de axudas para o pago de subministracións enerxéticas en Moeche
O Concello de Moeche abre o prazo de solicitude para as axudas dirixidas a facer fronte ao pago dos subministracións enerxéticas das familias máis vulnerables e/ou en risco de exclusión social, ante a constante subida do prezo da electricidade.
-
Beneficiarios/as:
Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de 18 anos (ou menores emancipados/as) empadroadas en Moeche nos últimos 6 meses anteriores á convocatoria, e que cumpran ademais algunha das seguintes condicións:-
Ser beneficiarias do Bono Social de Electricidade nos últimos 3 meses.
-
Ter uns ingresos inferiores ou iguais a 2 veces o IPREM anual de 14 pagas, con incrementos por membros adicionais da unidade de convivencia.
-
Ser pensionistas da Seguridade Social con pensión mínima e sen ingresos adicionais superiores a 500 € anuais.
-
Ser beneficiarios/as do Ingreso Mínimo Vital.
-
Ser beneficiarios/as da RISGA.
-
-
Obxecto da axuda: Contribuír ao pago das facturas de electricidade.
-
Contía: 150 € nun único pago.
-
Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 183, 25 de setembro de 2025).
-
Orzamento total: 4.000 €, ata esgotar o crédito dispoñible, seguindo a orde de recepción das solicitudes e os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
👉 O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 857941.




Comments