Ir o contido principal
enerxia

Convocatoria de axudas para o pago de subministracións enerxéticas en Moeche

O Concello de Moeche abre o prazo de solicitude para as axudas dirixidas a facer fronte ao pago dos subministracións enerxéticas das familias máis vulnerables e/ou en risco de exclusión social, ante a constante subida do prezo da electricidade.

  • Beneficiarios/as:
    Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de 18 anos (ou menores emancipados/as) empadroadas en Moeche nos últimos 6 meses anteriores á convocatoria, e que cumpran ademais algunha das seguintes condicións:

    • Ser beneficiarias do Bono Social de Electricidade nos últimos 3 meses.

    • Ter uns ingresos inferiores ou iguais a 2 veces o IPREM anual de 14 pagas, con incrementos por membros adicionais da unidade de convivencia.

    • Ser pensionistas da Seguridade Social con pensión mínima e sen ingresos adicionais superiores a 500 € anuais.

    • Ser beneficiarios/as do Ingreso Mínimo Vital.

    • Ser beneficiarios/as da RISGA.

  • Obxecto da axuda: Contribuír ao pago das facturas de electricidade.

  • Contía: 150 € nun único pago.

  • Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 183, 25 de setembro de 2025).

  • Orzamento total: 4.000 €, ata esgotar o crédito dispoñible, seguindo a orde de recepción das solicitudes e os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

👉 O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 857941.
 

BOP CORUÑA

Comments