Convocatoria de subvencións a entidades socio-culturais sen fins de lucro no Concello de Cambados
As bases reguladoras da convocatoria están recollidas na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 153, do 13/08/2025).
Contía
O orzamento total previsto ascende a 35.000 euros, distribuídos nas seguintes aplicacións:
-
5.000 € para ANPAS (actividades complementarias de educación).
-
25.000 € para entidades culturais.
-
5.000 € para entidades de ocio e tempo libre.
A contía individual de cada axuda determinarase segundo os criterios establecidos na convocatoria.
Prazo de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
Máis información
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 857992).
As bases e anexos de solicitude están dispoñibles no portal de transparencia da sede electrónica municipal: https://cambados.sedelectronica.gal.




Comments