Ir o contido principal
asociacions

Convocatoria de subvencións a entidades socio-culturais sen fins de lucro no Concello de Cambados

As bases reguladoras da convocatoria están recollidas na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados (BOPPO nº 153, do 13/08/2025).

Contía

O orzamento total previsto ascende a 35.000 euros, distribuídos nas seguintes aplicacións:

  • 5.000 € para ANPAS (actividades complementarias de educación).

  • 25.000 € para entidades culturais.

  • 5.000 € para entidades de ocio e tempo libre.

A contía individual de cada axuda determinarase segundo os criterios establecidos na convocatoria.

Prazo de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Máis información

O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 857992).
As bases e anexos de solicitude están dispoñibles no portal de transparencia da sede electrónica municipal: https://cambados.sedelectronica.gal.

Comments