Bolsas de formación en materia de investigación mariña
As dúas bolsas desenvolveranse no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), dependente da Consellería do Mar, distribuíndose do seguinte xeito:
-
CIMA-Corón (Vilanova de Arousa): Recursos mariños, dinámica de poboacións e ecosistemas mariños.
-
CIMA-Ribadeo: Cultivo de fitoplancto, moluscos bivalvos e equinodermos. Sistemas de reprodución e cultivo.
Cada bolsa terá unha duración de dous anos, cun importe bruto mensual de 1.200 euros.
Requisitos:
As persoas solicitantes deberán:
-
Posuír o título universitario de Licenciatura ou Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar, obtido no ano 2022 ou posterior.
-
Acreditar o nivel Celga 4 ou equivalente.
-
Ter permiso de condución B e non estar en posesión do título de doutor/a nin matriculadas nun programa de doutoramento.
-
Presentar a solicitude exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Prazo:
O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Máis información




Comments