Ir o contido principal
mar

Bolsas de formación en materia de investigación mariña

As dúas bolsas desenvolveranse no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), dependente da Consellería do Mar, distribuíndose do seguinte xeito:

  • CIMA-Corón (Vilanova de Arousa): Recursos mariños, dinámica de poboacións e ecosistemas mariños.

  • CIMA-Ribadeo: Cultivo de fitoplancto, moluscos bivalvos e equinodermos. Sistemas de reprodución e cultivo.

Cada bolsa terá unha duración de dous anos, cun importe bruto mensual de 1.200 euros.

Requisitos:

As persoas solicitantes deberán:

  • Posuír o título universitario de Licenciatura ou Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar, obtido no ano 2022 ou posterior.

  • Acreditar o nivel Celga 4 ou equivalente.

  • Ter permiso de condución B e non estar en posesión do título de doutor/a nin matriculadas nun programa de doutoramento.

  • Presentar a solicitude exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Prazo:

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 Máis información

DOG 

Comments