O Concello de Burela convoca dúas prazas de peón para a Área de Mantemento e Servizos
O Concello de Burela publica as bases para a provisión de dúas prazas de peón na Área de Mantemento e Servizos, Unidade de Obras, mediante contrato laboral de substitución por vacante e coa creación dunha listaxe de reserva.
Requisitos
Para poder participar no proceso selectivo, será necesario cumprir os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados contemplados no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015.
-
Acreditar capacidade funcional para o desempeño das funcións do posto.
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración Pública nin estar inhabilitado/a para emprego público.
-
Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade legalmente establecidas.
-
Coñecemento da lingua galega: posuír o título CELGA 1 ou equivalente. As persoas que non o acrediten deberán realizar unha proba específica de galego.
Os requisitos deberán cumprirse no derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o proceso selectivo.
Prazo e forma de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
As solicitudes deberán dirixirse á Alcaldía do Concello de Burela e poderán presentarse:
-
No Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
-
A través do rexistro electrónico municipal
-
Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Máis información
As bases íntegras da convocatoria e o modelo oficial de solicitude poden consultarse na sede electrónica do Concello de Burela:
BOP Px5




Comments