Ir o contido principal

O Concello de Burela convoca dúas prazas de peón para a Área de Mantemento e Servizos

O Concello de Burela publica as bases para a provisión de dúas  prazas de peón na Área de Mantemento e Servizos, Unidade de Obras, mediante contrato laboral de substitución por vacante e coa creación dunha listaxe de reserva.

Requisitos

Para poder participar no proceso selectivo, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados contemplados no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015.

  • Acreditar capacidade funcional para o desempeño das funcións do posto.

  • Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

  • Non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración Pública nin estar inhabilitado/a para emprego público.

  • Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade legalmente establecidas.

  • Coñecemento da lingua galega: posuír o título CELGA 1 ou equivalente. As persoas que non o acrediten deberán realizar unha proba específica de galego.

Os requisitos deberán cumprirse no derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o proceso selectivo.

Prazo e forma de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
As solicitudes deberán dirixirse á Alcaldía do Concello de Burela e poderán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

  • A través do rexistro electrónico municipal

  • Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Máis información

As bases íntegras da convocatoria e o modelo oficial de solicitude poden consultarse na sede electrónica do Concello de Burela:
BOP Px5

Comments