Convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva en Nigrán (2025)
O Concello de Nigrán convoca subvencións destinadas á realización de actividades que promovan a práctica do deporte no municipio durante o ano 2025. O obxectivo desta convocatoria é apoiar programas e proxectos deportivos de carácter público que complementen a programación dos servizos municipais.
A contía total destinada ás subvencións ascende a 32.000 euros, distribuídos en catro modalidades:
-
Fomento do deporte: 10.000 €
-
Actividades ou proxectos deportivos: 12.000 €
-
Participación en competicións de nivel supraprovincial: 5.000 €
-
Apoyo a deportistas individuais: 5.000 €
Quen pode solicitar estas axudas?
-
Asociacións e entidades sen ánimo de lucro con sede en Nigrán e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións con, como mínimo, seis meses de antigüidade.
-
Deportistas individuais ou en dúos/tríos empadroados en Nigrán, federados e con participación mínima en tres competicións oficiais no ano anterior.
O prazo para presentar solicitudes será de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes deberán tramitarse mediante o trámite electrónico dispoñible na sede electrónica do Concello de Nigrán.
Toda a información, bases reguladoras e criterios de concesión están dispoñibles na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e na sede electrónica do Concello.
Para calquera consulta ou aclaración, pódese contactar coa Oficina de Deportes do Concello de Nigrán.




Comments