Ir o contido principal
deporte

Convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva en Nigrán (2025)

O Concello de Nigrán convoca subvencións destinadas á realización de actividades que promovan a práctica do deporte no municipio durante o ano 2025. O obxectivo desta convocatoria é apoiar programas e proxectos deportivos de carácter público que complementen a programación dos servizos municipais.

A contía total destinada ás subvencións ascende a 32.000 euros, distribuídos en catro modalidades:

  • Fomento do deporte: 10.000 €

  • Actividades ou proxectos deportivos: 12.000 €

  • Participación en competicións de nivel supraprovincial: 5.000 €

  • Apoyo a deportistas individuais: 5.000 €

Quen pode solicitar estas axudas?

  • Asociacións e entidades sen ánimo de lucro con sede en Nigrán e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións con, como mínimo, seis meses de antigüidade.

  • Deportistas individuais ou en dúos/tríos empadroados en Nigrán, federados e con participación mínima en tres competicións oficiais no ano anterior.

O prazo para presentar solicitudes será de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes deberán tramitarse mediante o trámite electrónico dispoñible na sede electrónica do Concello de Nigrán.

Toda a información, bases reguladoras e criterios de concesión están dispoñibles na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e na sede electrónica do Concello.

Para calquera consulta ou aclaración, pódese contactar coa Oficina de Deportes do Concello de Nigrán.

Comments