O Concello de Curtis abre un proceso selectivo para a creación dunha listaxe de persoal laboral temporal
O Concello de Curtis publicou a convocatoria para a selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal coa categoría de operario/a de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición.
As bases do proceso foron aprobadas mediante o Decreto da Alcaldía número 649/2025, de data 13 de outubro de 2025, e regulan o procedemento para cubrir temporalmente postos desta categoría no Concello.
O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
As bases íntegras poden consultarse:
- Nas oficinas municipais do Concello de Curtis.
- Na páxina web oficial: www.curtis.gal
- No taboleiro de anuncios electrónico do Concello.
Para máis información, recoméndase revisar a documentación completa dispoñible na web municipal.




Comments